Impresión 3D: os xenios da lámpada

Alejandro A. 

Os xuvencientíficos do proxecto 7 de impresión 3D están a desenvolver un moi impresionante superpoder: facer realidade todo o que desexan. E aínda que non teñan unha habilidade superhumana, facendo uso das instalacións da EPSE poden deseñar unha variedade moi impresionanate de obxectos, dende un lapiseiro completamente personalizado a debuxos de calquera logotipo ou personaxes da existencia.

No futuro, será unha habilidade moi vantaxosa de ter o poder deseñar dende cero calqueira obxecto imaxinable, dunha maneira eficiente e sostible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará