Ciencia e gastronomía: unha soa disciplina
(ALU) Redacción XuvenCiencia
Na procura dun prato que chegue a satisfacer todos os sentidos dunha persoa, atopamos o grupo 09 do Campus de Verán XuvenCiencia 2023 co seu proxecto que mestura ciencia e gastronomía: cociña molecular.
Ademais, tamén se pretenden amosar os mecanismos químicos implicados nalgúns procesos culinarios empregados en gastronomía molecular. Neste proxecto aprovéitanse as técnicas de esferificación e destilación a presión reducida ou o emprego de nitróxeno líquido, para, deste xeito, dar lugar a marabillosos pratos que satisfazan non so o gusto, senón tamén o olfacto, a vista e mesmo o tacto das persoas que os van desfrutar.