Expectación e risos no Festival de Vídeos XuvenCiencia

O Festival de Vídeos XuvenCiencia é un dos fitos máis importantes do Campus de Verán XuvenCiencia. Veñen de proxectarse os 15 traballos a concurso, baixo a atenta mirada do xurado, integrado pola presidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo; o responsable de Nornalización Lingüística do Campus de Lugo da USC, Xusto Rodríguez Río, así como Marta Portela Maseda, profesora de ADE, e a xornalista Marta Veiga Iazguirre por parte de XuvenCiencia. Para fíar a sesión entre vídeo e vídeo, Eva Cabanelas, divulgadora científica,docente e doutora en Veterinaria, fiou unha serie de dicas grazas aos seus monólogos. Ti sabías que comprobar se o teu crush che fai caso tamén é método científico? Pois xa o sabes.

Por certo: quen gañará os premios Aresa Júnior e Proxéctate en Galego?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará