Cando a ciencia pode cos terremotos
Óscar Rodríguez
O 6 de febreiro deste ano, un terrible terremoto sacudiu o chan turco e sirio causando unha grande cantidade de vítimas mortais. Dende entón, a ciencia emprégase se cadra máis a fondo na prevención e na preparación fronte a este tipo de sucesos. Os alumnos do grupo 16 do Campus XuvenCiencia están a aportar as súas ideas a esta difícil misión durante esta semana na EPSE do Campus Terra.
Durante tres intensas xornadas crean estruturas e analizan o seu comportamento ante diferentes tremores grazas a complexos sistemas informáticos que manipulan eles mesmos. Así, comproban como a frecuencia de movemento afecta as estruturas e como os edificios altos resiten mellor fortes sacudidas.
Os alumnos aseguran estar disfrutando do proxecto malia a súa complexidade e moitos están comenzando a plantexarse seriamente estudar na EPSE xunto aos profesores que lles están a descubrir o mundo da enxeñaría.