P13: unha viaxe polas tripas do arquivo
Facer ciencia coas letras é o proxecto do Campus de Verán XuvenCiencia que lles permite ás xuvencientíficas/os mergullarse nos corredores e nos espazos máis segredos do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Alí son quen de poñer os seus ollos sobre pergameos antiquísimos, aprender a restauralos e encadernalos para a súa correcta preservación e, asemade, comezar a facer pescudas de investigación histórica en documentos reais do século XX da provincia de Lugo.