Análises clínicas: da granxa ao laboratorio
(LCC) Redacción XuvenCiencia
Os xuvencientificos do proxecto P02 Análises Clínicas están descubrindo unha parte máis descoñecida da veterinaria que é a clínica. Fíxeronlle algunha radiografia a un can e tamén foron a unha granxa a facerlle unha visita ás vacas. Aproveitaron a viaxe para recolectar mostras de sangue e ouriños para traballar con iso no laboratorio. Con estas mostras fan diferentes tests e probas para analizar moitos parámetros tales como a densidade dos ouriños ou a cantidade de plasma do sangue.
Grazas a estas probas os nosos acampados aprenden a averiguar se un animal esta enfermo ou san mediante as analíticas de sangue e ouriños.