P04 AquaLab: os parámetros da humidade

L.B.V.

O laboratorio de Hidráulica e Hidroloxía da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría funcionou durante o Campus de Verán XuvenCiencia 2023 como o tobo do proxecto P04 AquaLab, un equipo que tivo a misión de medir e almacenar datos imprescindibles para unha xestión sustentable e responsable da auga, como son a humidade e a temperatura. Os nosos xuvencientíficos aprenderon a utilizar microcontroladores de hardware libre, como arduíno, e tamén sensores ambientais de baixo custe e coñeceron como alimentalos con enerxía solar.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *