Arrancamos o undécimo Campus XuvenCiencia

Nin tempo nos deu a pasarnos por aquí da de cousas que estivemos facendo. Comezamos o luns 2 de xullo a undécima edición do Campus de Verán XuvenCiencia, con 95 alumnos e alumnas chegados de toda Galicia… e tamén de Zaragoza e de Braga, en Portugal. O primeiro que fixemos foi unha xincana que nos serviu para coñecer o Campus de Lugo da Universidade de Santiago; foi unha proba moi desputada que gañou o equipo 4 (parabéns para elas e eles!).

Estivemos tamén con Manuel Vicente, que é un divulgador científico que dirixe e conduce o programa Efervesciencia da Radio Galega. Contounos algúns dos segredos da súa carreira comunicando ciencia nos medios públicos. Non imos desvelar nada: o que pasa en XuvenCiencia, queda en XuvenCiencia. Despois repartímonos por grupos e fixemos uns obradoiros de montaxe, guión e posta en escena, que nos servirán para os vídeos que teremos que editar o venres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará