As mulleres e as persoas de mediana idade, as máis concienciadas coa alimentación sostible despois da Covid-19
Por Antía Castro e María Pardo
Esta infografía reflicte algúns dos resultados preliminares do proxecto Somos o que comemos?, desenvolvido no Campus de Verán XuvenCiencia en Rede. Unha enquisa sobre hábitos de consumo, actitudes e inquedanzas respostada por máis de 800 persoas arroxa, polo de agora, que as mulleres e as persoas de ambos os sexos de mediana idade son as que máis teñen cavilado estas semanas sobre a orixe dos alimentos que mercan e a importancia da contorna na que se producen.