Robótica: a tecnoloxía axudaranos ou substituiranos?
Alejandro A.
A robótica é unha das disciplinas que máis importancia ten no noso futuro como sociedade; os nosos acampados están a aprender na EPSE (Escola Politécnica Superios da Enxeñería) do Campus de Lugo da USC sobre como programar en Arduino, sobre que é unha Neural network ou rede neuronal, sobre como funciona o Machine learning ou como é o proceso de fabricar un robot.
Coa inestimable axuda do noso experto en robótica, Roberto Iglesias, os xuvencientíficos do proxecto 6 están aprendendo a unha gran velocidade e amósanse entusiasmados co seu rápido progreso en tan complexa disciplina.
Jose, que acaba de rematar 4º da ESO, conta que xa está analizando os programas de estudo da EPSE e que espera volver pronto ás súas aulas xa como estudante universitario.