Patóxenos animais: buscando os malos

(ALU) Redacción XuvenCiencia

No Laboratorio de Efermidades Infecciosas, na facultade de Veterinaria, o grupo 14 do Campus de Verán XuvenCiencia emprega algunhas das técnicas que habitualmente se usan no diagnóstico de doenzas infecciosas, como o cultivo de bacterias en diferentes medios, a observación no microscopio, o antibiograma e algunas técnicas baseadas na bioloxía molecular, é dicir, na detección do ADN do patóxeno.

O obxectivo deste proxecto baséase en coñecer estas técnicas empregadas polos profesionais nos laboratorios no seu día a día para a detección de bacterias e virus que causan que os animais enfermen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará