Animal CSI: a razón detrás das mortes e deformacions animais

Alejandro A.

Non é ningún misterio que os animais sofren de deformacións a cotío, xa que son propensos a alteracións tales como a escoliose o a fusión vertebral, pero hai veces nas que, a raíz desas deformacións, padecen dunha morte extraña grandes cantidades de certos conxuntos animais, o cal pode causar variedade de problemas de abastecemento alimenticio, económicos ou sociais se aparecen nunha explotación.

Os acampados do proxecto 3 de Animal CSI estanse a ofrecer como axente de cambio de esa incerteza mortal, practicando como analizar os corpos dos animais finados e identificar as malformacións que presentan, achegándolles así a información aos propietarios das granxas para que poidan solucionar o axente que está a arruinar o seu gando.

Estes xuvencientíficos aprenden algo crucial para a vida do futuro, cando a máxima eficiencia vai ser crucial e as malformacións deberán ser mínimas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará