Patóxenos animais proxéctase en galego

A lingua galega é tan boa como calquera outra (e a mellor de todas se é que nos diriximos a un público galego e galegoentendente) para a divulgación científica. Demostrárono no Campus de Verán XuvenCiencia 2023 desde o P14 Patóxenos animais, gañadoras do IX Premio Proxéctate en Galego do Festival de Vídeos XuvenCiencia.

Un xurado integrado por Xusto Rodríguez Río, responsable de Normalización Lingüística do Campus de Lugo da USC, pola profesora de ADE Marta Portela Maseda e pola xornalista Marta Veiga Izaguirre foi o que recoñeceu a peza audiovisual do P14 como a que presentaba un mellor modelo lingüístico galego de entre as 15 presentadas a concurso.

Paula Paredes Paredes, Manuela Fernández Rivas, Desiré Vila López, Lucía Rey Vilares, Mencía Cardesín Rial, todas elas integrantes do proxecto p14, e Andrea Lorenzo Urgal, do P01 de Xornalismo científico, que participou na realización e edición do vídeo, recibiron o seu merecido galardón durante a XuvenFesta, de mans de Xusto Rodríguez Río e de Montse Valcárcel.

Parabéns a todas elas e ollade o ben que lles quedou a peza:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará