O grupo P05 ‘Árbores en tubos de ensaio’ faise co Premio Aresa Junior

Unha historia de ficción en pouco máis de minuto e medio que relata como crear plantas in vitro nun laboratorio con finalidade delitiva (e co seguinte castigo a cargo dos corpos e forzas de seguridade do Estado) mereceu o Premio Aresa Júnior do Festival de Vídeos XuvenCiencia. Esta peza é obra do equipo P05 Árbores en tubos de ensaio, que recibiron o apoio para a realización, a edición e a locución de Óscar Rodríguez, do P01 de Xornalismo Científico. Raquel Barreiro Caruncho, Candela Rodríguez Cela, Andrea María Lourido Rodríguez, Galir Macía López, Lola Monteiro Molíns e Ángela Montegudo León son as integrantes do P05.

Recibiron o premio durante a XuvenFesta, de mans de Carlota López Pardo, presidenta de Aresa (que patrocina o galardón unha edición máis), e da profesora Montse Valcárcel en representación de XuvenCiencia. Un xurado integrado pola propia Carlota López Pardo, a profesora de ADE Marta Portela Maseda e a xornalista Marta Veiga Izaguirre tivo a responsabilidade de ditaminar cal sería a peza gañadora entre as quince presentadas a concurso. Foi unha tarefa abofé complicada, segundo confirman fontes próximas ao tribunal.

Moitos parabéns!!!!

Podedes ver aquí o traballazo:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *