Son os humanos capaces de simular a fotosíntese?

(ALU) Redacción XuvenCiencia

A fotosíntese é o proceso mediante o cal as plantas verdes obteñen a súa fonte de enerxía a partir dunha cadea de reaccións que comeza co uso dos fotóns de luz solares para a fotólise da auga.

No laboratorio QIBioCAT (Catalizadores Biomiméticos da Facultade de Ciencias), disponse de compostos metálicos complexos, deseñados, obtidos e caracterizados no seo do grupo de investigación e, por tanto, o grupo 10 neste proxecto marcouse como obxectivo descompoñer auga tanto por vía fotoquímica (aplicando radiación luminosa intensa e medindo o osíxeno liberado) como electrolítica (utilizando unha corrente eléctrica como fonte enerxética para producir hidróxeno).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *