Novos horizontes formativos no Campus Terra

Óscar Rodríguez

As alumnas do grupo 11 móstranse convencidas de que hai moitos cambios necesarios na forma na que se está a educar aos máis cativos. Por iso, durante esta semana, están a visitar diariamente a Facultade de Formación do Profesorado para aprender acerca das novas tendencias educativas que plantexan os docentes do campus.

Durante o primeiro día da formación, visitaron as instalación deportivas da facultade e descubriron un novo plantexamento didáctico para a Educación Física baseado en retos e traballos cooperativos. O profesor encargado da formación reivindicou o papel que xoga esta asignatura na formación dos rapaces e celebrou o perfil xoven e anovador dos novos profesores da facultade.

As xuvencientíficas aseguran estar desexando ampliar o seu coñecemento destas novas prácticas didácticas, algo que farán estes próximos días nas áreas de matemáticas e ciencias aplicadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará