A edición de vídeos é un traballo moi estresante!
O venres do Campus de Verán XuvenCiencia chega case sen que nos dea tempo a nos decatar. Estamos pola mañá completamente entregados á edición dos vídeos que presentaremos esta mesma tarde no Certame de Vídeo XuvenCiencia, que recoñecerán o labor dos grupos que sexan capaces de argallar o mellor vídeo de divulgación científica, que recibirá o Premio Aresa Junior, e ao que amose unha mellor calidade lingüística, que levará o Premio Proxéctate en Galego do Servizo de Normalización Lingüística do Campus de Lugo da USC. Quedan só uns minutiños!