As Xuventardes Lumieira son unha fantasía

Cando remata a programación de XuvenCiencia, o monitorado de Lumieira acompáñanos na merenda e lévanos a facer distintas actividades. Gústanos facer xogos á beira do río e gozar dos días solleiros de Lugo (que son máis do que parece!) e tamén facemos actividades deportivas, porque as mentes inquietas, científicas e humanísticas precisan un chisco de movemento para funcionaren ben. E non que é cheguemos tan esgotadas/os ao final da xornada que precisemos técnicas de resucitación (que tamén), senón que algunhas e algúns de nós aproveitamos tamén este campamento para aprendermos técnicas de RCP. Préstanos, asemade, dar unha voltiña pola Praza de Augas Férreas e, xa á noitiña, despois da cea, pasámolo xenial na residencia.

« de 16 »

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará