Os equipos dos proxectos P04 e P16 gañaron os premios Aresa Júnior e Proxéctate en Galego no #XC2022
O venres do Campus de Verán XuvenCiencia é sempre un día de emocións fortes. Antes das festas e das despedidas, os e as xuvencientíficas asistiron no auditorio da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC ao Festival de Vídeos XuvenCiencia, presentado pola profesora de Ciencias, veterinaria e monologuista Eva Cabanelas e polo investigador predoctoral David García Dios da Facultade de Veterinaria.
Foron distinguidos os vídeos do P04 ‘Aqualab. Sistema de monitorización ambiental con arduino’
(máis Nuria de P01 Xornalismo), co premio Aresa Júnior, e do P16 ‘Fai tremer os teus cimentos!’ (máis Gabriel de P01 Xornalismo), co premio Proxéctate en Galego.
Os obradoiros de tarde do #CampusXuvenCiencia2022 foron encamiñados a que cada equipo traballase nun vídeo divulgativo de cada un dos proxectos. Para facelo, contaron co apoio d@s xuvenreporteir@s do equipo de Xornalismo.
Podedes ver todos os vídeos na canle de YouTube do Campus XuvenCiencia.