O grupo 1 gaña unha competidísima Xincana 2022 de XuvenCiencia

As persoas integrantes do grupo 1 resultaron as gañadoras da Xincana 2022 de XuvenCiencia, unha proba inzada de retos para a mañá do luns que fixo do primeiro día de Campus unha xornada moi competida.

Baixo a coordinación de Alejandro, do Centro de Linguas Modernas do Campus de Lugo da USC (CLM), coa monitora Sabela no centro de control de datos e coa colaboración de Martázul, tamén do CLM e do profesorado e o monitorado científico e de Lumieira, as xuvencientíficas/os percorreron os distintos centros de investigación e facultades do Campus Terra.

Tiveron que poñer a proba os seus coñecemos e as súas destrezas e, por suposto, tamén a súa intuición e a súa capacidade de manobra, xa que nesta xincana tan importante foi a corrección como a celeridade á hora de resolver cada unha das fases.

Finalmente, o grupo 1, integrado por Eva Valcárcel Otero, Gema Montero García, Ángela Maira Barreiro, Gabriel Castro Caeiro, Nuria Ramos Cuba, Noel Lorenzo Fernandez, Uxía Casal Dopico, María López Vázquez, Paula Díaz Penelas, Ainara Novo López e José Antonio Laforga Pérez acadaron o primeiro posto por cuestión de décimas, xa que a clasificación quedou moi, moi axustada:

Grupo 1: 73,4

Grupo 2: 66,3

Grupo 3: 73,3

Grupo 4: 69,9

Grupo 5: 73,1

Grupo 6: 66,3

Grupo 7: 72,8

Grupo 8: 68,8

Cada integrante do grupo 1 recibiu como agasallo polo primeiro posto un altavoz, que lles foi entregado de mans de Alejandro e Martázul nunha pequena cerimonia á que estiveron convidados a tenente de alcaldesa de Lugo Ana González Abelleira, o deputado provincial Pablo Rivera Capón; o delegado provincial da Xunta, Javier Arias; a adxunta á presidencia de Aresa, Carlota López, e a coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo.

Parabéns!!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará