Coñece a vexetación de ribeira no río Miño

Grazas ao roteiro Río arriba, río abaixo, o alumnado do #CampusXuvenCiencia2021 puido coñecer as especies arbóreas que se atopan pola beira do río Miño. Durante o percorrido, da man da investigadora do Campus de Lugo Ana Couso, identificaron exemplares como o bidueiro (Betula pendula), o freixo común (Fraxinus excelsior), a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) ou o carballo (Populus nigra) que forman parte da vexetación propia da ribeira. Ademais, preto das beiras do río tamén puideron observar a flora acuática como as espadañas (Typha, Sparganium, Carex pendula) e outros exemplares como os os tileiros (Tilia) e as sobreiras (Quercus suber).

Mais agora tócache a ti! Cantas árbores es capaz de recoñecer?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará