XuvenCiencia réndelles homenaxe a grandes científicas da Historia cos seus buques insignia

No #CampusXuvenCiencia2021 os diferentes grupos de investigación reciben nomes que reivindican a figura de once científicas brillantes nos seus campos, como Ángeles Alvariño ou Katherine Johnson

Ángeles Alvariño, nada o 3 de octubre de 1916 en Ferrol e falecida o 29 de mayo de 2005, en California, foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora española coñecida mundialmente.  Comenzou o seus estudios en Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, en 1934, pero víronse interrompidos pola Guerra Civil. Entón ela aproveitou para mellorar os seus coñocementos en francés e inicouse nos de inglés, que lle axudaron na súa vida polos Estados Unidos. En 1953 e 1954 recibiu unha beca do British Council para investigacións sobre o zooplancton convertíndose así na primeira muller científica nun barco oceanógrafo botánico. A partir diso comezou a recibir axudas doutras institucións como Fullbrigth, Woods Hole Oceanographic Institution, a Marine Life Research, a Oficina Naval de Investigacións dos Estados Unidos ou a National Science Foundation. Ángeles Alvariño pasou a ser unha precursora indispensable da investigación e descubriu unha vintena de especies de zooplacton e creou novos indicadores para as condicións mariñas.

Isabel Zendal (1773 – data descoñecida) foi a única enfermeira participante na Real Expedición Filantrópica de Francisco Xavier de Balmis, ademais da directora do Orfanato da Caridade da Coruña. Aínda que a súa carreira fose desenvolvida nesta cidade, á que chega despois da morte de súa nai por varíola. Nas dúas seguintes décadas, chegou a ser enfermeira e directora dun orfanato coa contrapartida de ser nai solteira. Así, amplíanse os seus méritos cando en 1803 o rei Carlos IV recrutáa para a expedición que levaría a vacina da varíola a todo o Imperio Español.  Nesta, ademais de ser a única muller, o seu obxectivo era preservar a cadea de transmisión da vacina nos 22 orfos galegos da expedición. Por todo isto recoñecéuselle o seu mérito social ao igual que os seus compañeiros á súa volta. A Real Expedición foi de vital importancia para a erradicación da varíola (decretada pola OMS en 1980) nos territorios do antigo Imperio Español (México, Chile, Perú, Filpinas).

Maria Sibylla Merian foi unha científica, naturalista, exploradora, pintora e percursora da Entomoloxía que naceu en Fráncfort o 2 de abril do 1647 e faleceu en Ámsterdam o 17 de xaneiro de 1717. Foi filla de suízos e, na súa infancia, o seu padrastro, Jacob Marrel, coñecido artista, encargouse de ensinarlle as técnicas de debuxo que máis tarde lle servirían nas súas obras. Aos 18 anos casou con Johann Andreas Graff, pintor procedente de Nürenberg co que se foi vivir a esta cidade. Alí adicouse a estudar e debuxar insectos, ademais de educar outras mulleres nas técnicas pictóricas. O seu estudo dos insectos foi complicado debido a que nese mometo mantíñase a idea de Aristóteles de que os bechos nacían por xeración espontánea do lodo e a Igrexa considerábaos bestas do Demo. Aínda así, foi quen de seguir o seu traballo e publicar certos traballos ilustrativos sobre diferentes especies de insectos. En 1685 separouse do seu marido e foise a vivir a Holanda, desde onde decidiu realizar a súa famosa viaxe Surinam, a cal se deu finalmente no 1699. Alí realizou una importante investigación da fauna e a flora do lugar, a cal organizou á súa volta a Holanda no seu libro Metamorfose dos insectos de Surinam. Morreu no 1717 tras un ataque de apoplejía. A súa obra inspirou a Linneo, o pai da nomenclatura botánica, e tamén foi recoñecida por descubrir nove especies de bolboretas e dúas de escaravellos, aínda que tras a súa morte o seu nome foi esquecido ata o século XX.

Mileva Maric, tamén coñecida como Mileva Einstein, foi una matemática serbia e a primeira muller de Albert Einstein. Naceu en 1875 e faleceu en 1948. Foi discípula de Nikola Tesla e Philipp Lenard. Ela sacrificou a súa carreira como matemática e física polo coidado da familia. Asistiu a Albert Einstein nas investigacións que lle valerían o premio Nobel de Física. “A teoría da relatividade comezou coa tese que Mileva presentou a supervisión para doutorarse”, afirma o investigador estadounidense Evan Harris.

Émilie Du Châtelet (1706 – 1749) foi unha matemática e física francesa nacida no século XVIII que recibiu a mesma educación cos seus irmáns e aos doce anos xa falaba catro idiomas, ademáis de traducir textos do latín e o grego. Á idade de dezanove anos casou co marqués de Châtelet. Lingüista, física e matemática, Émilie tamén levou ao francés as obras de Leibniz e Newton, así como A fábula das abellas de Mandeville, a quen lle escribiu un prefacio no que defendeu a necesidade dunha educación para as mulleres. Malia toda a súa produción en pouco máis de 40 anos de vida, foi durante anos coñecida polos seus amoríos, entre eles o matemático Maupertulis e Voltaire.

Rachel Carson (1907-1964) foi unha bióloga mariña estadounidense do século XX. Desde pequena interesouse pola escritura, a lectura e, en específico, polo océano. Estudou Zooloxía e Xenética na Universidade John Hopkins. Iniciou o movemento ecoloxista contemporáneo ao demostrar nas súas investigacións os graves danos causados polo uso indiscriminado do insecticida DDT. A súa obra máis popular, Primavera silenciosa, foi o primeiro libro supervendas do movemento ecoloxista. Coa súa publicación inspirou un movemento ambiental que levou á creación da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos, á controlación do uso dos pesticidas, á celebración do Día da Terra, as leis que se dictaron en moitos países sobre pesticidas, insecticidas, funxicidas…

Katherine Johnson (1918 –2020). Física, científica espacial e matemática estadounidense que calculou a traxectoria para o voo do Apollo 11 á Lua en 1969. Formou parte dun grupo de científicas
afroamericanas que traballaban na verificación dos resultados dos primeiros computadores empregados pola NASA. A súa historia está contada na oscarizada película Figuras ocultas.

Emma Reh Stevenson (1896 – 1982) foi unha xornalista estadounidense, aínda que non se coñece sequera o lugar no que naceu, dedicou a súa vida a expoñer a situación social en México e a documentar a situación dos nativos americanos. Tras traballar para a Society of Science en EE.UU. dous anos, decidiu mudarse a México e volver escribir como correspondente. Dedicouse a relatar as investigacións arqueolóxicas máis relevantes do país e mediante os artigos que escribía falou tamén da sociedade mexicana. Regresou a EE.UU. en 1935 para traballar como articulista para a axencia federal Natural Resources Conservation Service, e espuxo os hábitos alimentarios das comunidades indíxenas, os seus problemas e o seu modo de vida. Tras retirarse, continuou avanzando e descubrindo sobre a vida dos nativos americanos. Stevenson foi unha importante figura para o mundo da nutrición, pioneira na investigación das comunidades menos coñecidas en EE.UU. Admitiu que o verdadeiro problema na alimentación indíxena viña derivado da pobreza e opúxose radicalmente ao plan do Goberno consistente en tratar a desnutrición indíxena con medicación.

Ángela Ruiz Robles (1895 –1975). Mestra e inventora nacida en León e asentada en Galicia. Foi xestora da Agrupación Sindical de Inventores de España e dirixiu a fabricación dunha enciclopedia mecánica (o antecedente do libro electrónico) que foi patentada en 1949. Este libro, que só pesaba 50 gramos, era como un estoxo con bobinas que pasaban textos e imaxes e tiña un sistema de botóns para premer.

Manuela Barreiro Pico (1877 -1953). Farmacéutica natural de Viveiro. Foi a primeira muller en obter un título de Bacharelato en Galicia, a primeira licenciada pola USC en 1901 e a primeira en abrir unha farmacia ao seu nome, na vila de Ribadeo. Tivo que pedir un permiso especial para estudar e exercer a súa profesión.

Marie Curie (1867 – 1934). Física e química polonesa asentada despois en Francia. Iniciadora dos estudos sobre radioactividade, as técnicas para illar isótopos radiactivos e descubridora de dous elementos da táboa periódica: o radio e o polonio. Foi a primeira muller en recibir un Nobel e a única persoa en recibir dous en distintas categorías.

 

Obradoiro de Xornalismo

Lía Zuheros Piñeiro

Carla Dopazo Pavón

Paula Piñeiro Lage

Celia Donestevez

Adrián Ríos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará