Videocreación contra a calor
Un dos impresicindibles de XuvenCiencia é o concurso de vídeos que se fallará na xornada do venres. Para darlles unha noción de como comunicar ciencia e de que maneira levar adiante un proxecto audiovisual, xa sexa de tipo divulgativo ou artístico, a nosa xente xuvencientífica participou na tarde do luns nun obradoiro de videocreación: unhas ideas para facer guións, expresión corporal e aspectos técnicos de imaxe e son. Estivemos a refuxio do sol e da calor implacable de Lugo na boa compañía de Eva Cabanelas, Paloma Lugilde e Begoña López. Xa temos gana de ver como van ser esas curtametraxes dos proxectos do campamento.

