Un serán para todos os gustos

Se o alumnado do Campus de Verán #XuvenCiencia2022 desenvolve durante as mañás do martes, mércores e xoves os seus proxectos de investigación, despois do xantar reciben diferentes propostas para realizar obradoiros e visitas do máis diverso. No serán do martes, as nosas xuvencientíficas/os puideron coñecer o edificio Impulso Verde (LIFE Lugo+Biodinámico) e tamén o Hospital Veterinario e o laboratorio de habilidades clínicas da Facultade de Veterinaria.  De igual xeito, outro grupo asistíu á segunda edición da XuvenFeira, que lles permitiu coñecer as tecnoloxías do futuro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Outra das actividades propostas para a programación vespertina foi unha Visita guiada ao centro histórico de Lugo. Finalmente, as persoas amantes das artes tiveron a oportunidade de introducírense nas artes escénicas grazas ao Taller aberto de teatro . Atrévete a cruzar a porta!

Olla a nosa galería!!!!

« de 21 »

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará