Repasa os mellores momentos da XuvenFeira: a Primeira Feira de Ciencias do Campus de Lugo

Unha das novidades máis agardadas do #CampusXuvenCiencia2021 foi a XuvenFeira, a I Feira de Ciencias do Campus de Lugo. Os nosos e as nosas xuvencientíficas puideron mergullarse nas facultades do Campus de Lugo da USC e coñecer ben polo miúdo os adentros dalgunhas das titulacións que vén de incorprar a Universidade de Santiago.

1. Visita ao Hospital Veterinario Rof Codina e prácticas no laboratorio de Habilidades Clínicas. Facultade de Veterinaria

Os veterinari@s necesitan desenvolver habilidades clínicas para poder desempeñar o seu traballo. Os modelos e simuladores utilízanse cada vez máis para axudar a complementar a súa formación práctica e gañar destrezas antes de realizar os procedementos sobre os animais vivos. Estes modelos e simuladores alóxanse en laboratorios de habilidades clínicas onde os estudantes aprenden nun ambiente seguro e practican varias veces as diferentes técnicas.
Neste taller, o alumnado puido probar as súas habilidades clínicas rotando por tres estacións: Diagnóstico por Imaxe (manexo do ecógrafo), Cirurxía (realización de suturas e vendaxes) e Reprodución e Obstetricia (exploración xenital en egua e vaca). Ademais, tiveron a oportunidade de visitar un hospital veterinario e coñecer da man dos especialistas como se desenvolve o seu traballo diario nos diferentes servizos.

2. O poder proteico do leite. Facultade de Ciencias.

Actividades con leite ligadas ás titulacións da facultade: determinación do contido de proteínas no leite (Bioquímica), procesado para a obtención de produtos derivados (Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais), gastronomía molecular e nutrición (Nutrición Humana e Dietética).

3. Escape room ADE. Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE).

A USC foi vítima dun ataque informático que bloqueou os seus principais sistemas. A Policía sospeita que os responsables están relacionados coa Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Os xuvencientíficos tiveron que infiltrarse na facultade e buscar información que axude a identificalos. O tempo corría na súa contra, así que tiveron que darse présa!!!

4. TikTok: de plataforma de lecer a ferramenta de traballo. Facultade de Humanidades.

Percorrido polas tendencias, estratexias e novos formatos das redes sociais:
-que contido aporta valor
-como construír un perfil atractivo para o mercado laboral
-marca persoal / marca de empresa
O ciberespazo como territorialidade múltiple: o futuro profesional pasa por unha xestión eficaz das redes propias.

5. Robótica para o futuro e realidade aumentada. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE).

-A enerxía do futuro. Simulación dun convertedor de enerxía das ondas mariñas.
-SARndbox: un areeiro de realidade aumentada.
-Interacciona e coñece aos coidadores robóticos que nos acompañarán no futuro.

A XuvenFeira presentou actividades e obradoiros para dar a coñecer as titulacións máis novas do Campus de Lugo da USC, como sucede con Bioquímica.
« de 16 »
Tamén temos vídeos para ti
Ollo! Robots á vista

 

E mira o que teñen que contarnos os nosos tiktokeiros!!!

Báilanlle un chisco os números, pero resultou convincente na súa carta de presentación para a Universidade.

 

Aquí, esta xente seica durmiu mal durante o #CampusXuvenCiencia2021. Non pola gana que tiñan de leria, senón pola rebelión dos colchóns. Disque.

 

Xa estades tardando en facer chegar un robor Milanator ás vosas vidas, amigas e amigos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará