Quen somos a redacción de XuvenCiencia Magacine?

Redacción XuvenCiencia Magacine

Durante o Campus de Verán XuvenCiencia 2024, a redacción de XuvenCiencia Magacine, o único medio de comunicación oficial do campamento, está integrada por cinco xuvenxornalistas que toman moi en serio o seu traballo. Así, Carolina, de Monforte, que fixo primeiro de Bacharelato de Sociais, estivo infiltrada nas filas dos proxectos P02 Análises clínicas, P04 AquaLab e P15 Ferramentas xenéticas. Pola súa banda, Carla, da Rúa de Valdeorras, que rematou a ESO e que talvez sexa enxeñeira, foi a nosa informadora en P06 Controla e adestra robots!, P09 Cociña molecular e P10, P12 Fotosíntese artficial. O noso home nos proxectos P03 Animal CSI, P12 Enfermaría, farmacia e medicina e P16 Fai tremer os teus cimentos foi este verán Álex, de Quiroga, que finalizou ESO na Rúa e que ten interese pola Criminoloxía. Lorena, unha gran retratista, é de Meira e rematou este curso terceiro da ESO. En XuvenCiencia encomendámoslle os proxectos P05 Árbores en tubos de ensaio, P08 Veterinarias en apuros e P14 Patóxenos animais. Finalmente, Ainara de Oroso-Sigüeiro, que pasa o curso que vén a Bacharelato e que ten vocación de escritora, foi a nosa enviada especial aos proxectos P07 Impresión 3D, P11 Supera ese reto! e P13 Facer ciencias coas letras. Todas estas contaron como apoio para redes sociais coas monitoras Natalia, Lucía (en presencial) e Paula (en remoto) para subir contidos ás redes sociais. As tres son alumnas do grao en Ciencias da Cultura da facultade de Humanidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *