P16: Todo se move en XuvenCiencia

Álex (Redacción XuvenCiencia Magacine)

Como se producen os terremotos na terra? Pois os xuvencientíficos do proxecto 16 puideron observar mediante a creación coas súas propias mans dunha mesa vibratoria que emite unha especie de “ondas sísmicas” e sobre a que se colocan distintos tipos de estructuras para observar o seu comportamento dependendo da súa rixidez, distribución de masas e tamén da frecuencia do movemento… Ademais, tamén lle agregaron á mesa vibratoria acelerómetros para observar o acelerograma do terremoto como o rexistraríamos nun sismógrafo. Unha actividade moi interesante que lles encantou a todos os seus participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará