P15: Ferramentas xenéticas
Emilia/Redacción XuvenCiencia Magacine
O proxecto Ferramentas xenéticas: unha cebra na auga e dni xenético levou aos nosos xuvencientíficos a traballar co peixe cebra, un peixe que se emprega como modelo en varias áreas. Nesta ocasión, utilizáronse unha serie de técnicas moleculares para realizar probas de paternidade nos animais. Os alumnos compararon rexións de ADN microsatélite para determinar a paternidade dos suxeitos a estudo. Ademais, os participantes neste proxecto coñeceron de preto o traballo que realizan na empresa Geneaqua.


