P15. Ferramentas Xenéticas
Os participantes no proxecto Ferramentas Xenéticas viron como se empregaba unha especie animal como o peixe cebra de organismo modelo. Isto quere dicir que o peixe cebra pode usarse para diferentes estudos que teñen que ver co ADN. Durante o proxecto, realizaron probas de paternidade para ver como estaban relacionados os individuos cos seus proxenitores. Os vínculos xenéticos poden axudar a tratar enfermidades como o cancro.

