P15. E se os peixes salvasen vidas?
(LCC) Redacción XuvenCiencia
No proxecto P15 Ferramentas xenéticas: unha cebra na auga, os nosos xuvencientíficos aprenden a analizar e a traballar co ADN, principalmente o de peixe cebra.
Esta xentiña aprende unha morea de cousas acerca do noso material xenético e como se herda, pero non só aprenden dos xenomas humanos, senon tamén do dos peixes. Entre moitas cousas, os acampados coñecen, por exemplo, maneiras para identificar os proxenitores de cada peixe segundo diferentes identificadores que marcan nos seus alelos, ademais de traballar moi duramente no laboratorio para poñer eles mesmos os identificadores.
Grazas a todas estas actividades, estos futuros científicos aprenderán, entenderán e coñecerán as bases das xenética para a súa aplicación práctica. De esta maneira, os xuveninvestigadores mergúllanse na xenética e aprenden como facer e como funcionan os tests de paternidade.