P14: Patóxenos animais: buscando aos malos
Bruna Zuheros Piñeiro (Redacción XuvenCiencia Magacine)
No proxecto Patóxenos e bacterias, o primeiro día fixeron dúas probas distintas. A primeira consistiu en analizar mostras de patóxenos descoñecidos a partir do cultivo nas placas con agarosa, ques a continuación empregaron para a segunda proba. Para esta empregaron o sangue extraído dunha vaca enferma, que analizaron para saber que podería causar o patóxeno existente. Tras unha PCR obtiveron o resultado e fixeron probas de análise para determinar que fármaco éra o idóneo e desta maneira poder adquirilo para curar ao animal. Finalmente o derradeiro día o probaron e concluíron que podería ser unha solución para o problema inicial: a vaca enferma.


