P13: Historiadoras por uns días
Ainara (Redacción XuvenCiencia Magacine)
Este proxecto sobre o mundo dos arquivos ten como obxectivo coñecer o patrimonio, ser historiadora durante uns días e investigar os documentos como se fosen profesionais. Durante os días que durou este proxecto os seis rapaces e rapazas puideron aprender a colocar os arquivos como se fosen verdadeiros arquiveiros, aprender a interpretar os arquivos e a averiguar toda a verdade con tan só ler os sumarios e as sentencias da época do franquismo e, como non podía faltar, tamén aprenderon a restaurar exemplares estropeados ou antigos.
Ademais, aprenderon como pedir arquivos no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e explicáronlles que sempre tiñan que traballar a lápiz, xa que non se poden manchar os volumes de tinta.
Para poñer a proba todos os seus coñecementos, fixeron varios xogos, entre eles un que consistía en investigar os sumarios e as sentenzas e tiña como obxetivo saber que pasou nun xuízo. Atoparon unha radiografía como parte de lesións e cartas trucadas como proba de estafa. Descubriron tamén o acto delictivo máis común no Franquismo: o furto e o roubo.
Sen dúbida, este é un proxecto interesante, onde aprendes todo sobre o patrimonio, a historia e os antepasados. Se o que che gusta é a historia, tes que vir ao proxecto de arquivos.
Para rematar, os mozos e mozas deste proxecto queren agradecer o traballo de Ana, Tamara e Noelia, que estiveron con eles todos os días no proxecto e explicáronlles todo con moita paciencia e claridade.