P11: Unha forma distinta de aprender

Ainara (Redacción XuvenCiencia Magacine)

Supera este reto! trátase dun proxecto levado a cabo pola facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC. Esta proposta foi creada para mostrar o ensino das ciencias a través de superar retos, probas e actividades que supoñan aplicar coñecementos cooperativamente.

Nesta actividade os seis participantes tiveron que aprender a traballar en equipo para superar retos da vida cotiá. Nunha das probas saíron da facultade para enfrontar un reto no parque, que consistía en coñecer o contorno vexetal e animal do seu redor. Despois dunha hora, os mozos e mozas deste proxecto conseguiron cubrir o impreso con todo o que preguntaban. Ademais, colleron mostras para observar no laboratorio.

Sen dúbida algunha os participantes de esta actividade aprenderon, disfrutaron e sobre todo fixeron novas amizades. Este proxecto é ideal para ampliar os teus horizontes e saír da túa zona de confort.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará