P10: O mundo vexetal de forma artificial

Ainara Cereijo Vázquez (Redacción XuvenCiencia)

No proxecto 10 do campus de XuvenCiencia trabállase a fotosíntese e estúdase de forma practica este proceso. O máis curioso é que se traballa de forma artificial, imitando un proceso tan complexo como é o da fotosíntese.

O obxectivo principal deste proxecto é reproducir o que fai a natureza con compostos sintéticos e simular encimas con modelos artificiais que prepararon os rapaces e rapazas deste proxecto o primeiro día.

Aprenderon novos experimentos, como facer unha catálase ou simular a descomposición da auga.

Este proxecto é perfecto para entender de forma bioquímica este proceso do que todo o mundo pensa que sabe e moi poucos entenden de todo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *