P10: Fotosíntese artificial
Catalina – Redacción XuvenCiencia
Durante estes días, o alumnado participou nun interesante obradoiro de química no que realizou diferentes reaccións químicas para comprender mellor como funcionan determinados procesos. A actividade centrouse no estudo de como acelerar algunhas reaccións para separar a auga nos seus compoñentes, hidróxeno e osíxeno, mediante distintos experimentos.
Ao longo das sesións tamén se explicou como estes avances poderían contribuír no futuro ao desenvolvemento da fotosíntese artificial, unha tecnoloxía que busca imitar o proceso natural das plantas para producir enerxía de forma máis sostible. Grazas a este obradoiro, o alumnado achegouse ao mundo da investigación científica dunha maneira práctica, interesante e moi enriquecedora.


