P10: enerxía limpa con fotosíntese artificial

Carla (Redacción XuvenCiencia Xuvenciencia)

Como sabe todo o mundo, a fotosíntese é realizada polas plantas. A través deste mecanismo os vexetais son quen de converter a enerxía solar, o dióxido de carbono e a auga en combustibles ou elementos químicos. Os xuvencientíficos do proxecto Fotosíntese Artificial, que traballaron nos laboratorios da Facultade de Ciencias da USC, foron capaces de realizar este proceso, que normalmente é levado a cabo espontaneamente, de maneira artificial e controlada. Esta actividade é beneficiosa para nós, os humanos, xa que nos axuda a producir enerxías limpas, a reducir o CO2 e a facer un uso eficiente da enerxía solar.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *