P08: Veterinarias en apuros
Bruna Zuheros Piñeiro (Redacción XuvenCiencia Magacine)
Os veterinarios principiantes do Campus XuvenCiencia estiveron no hospital veterinario Rof Codina, axudando e aprendendo de primeira man para saber como se opera, se intuba ou se realizan probas de RCP a diferentes animais. O primeiro día estiveron presentes nunha ovariohisterectomía, unha operación de ovarios onde ao final castraron á cadeliña e quitáronlle o útero. O segundo día estiveron no laboratorio facendo un antibiograma, unha proba que se utiliza para determinar a sensibilidade ou resistencia dunha bacteria a diferentes antibióticos. Ao final, o último día estiveron nas consultas cos veterinarios.


