P08: Un día como veterinarias

Lorena (Redacción XuvenCiencia Magacine)

Nesta nova edición de XuvenCiencia, as nosas xuvenveterinarias estiveron un día no hospital veterinario Rof Codina, no que puideron ver e axudar en diferentes casos como facer un TAC, poñer unha vía, facer radiografías ou entrar no quírofano para ver unha operación. Con isto tamén se deron conta de que a vida dos veterinarios e veterinarias pode ser máis dura do que parece. Aínda así, valoran que é un traballo no que se dedican salvar un montón de vidas.

Ademais de acompañar o día a día da clínica, tamen estiveron no laboratorio do hospital, onde puideron analizar diferentes tipos de bacterias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *