P07: Luz, cor e vida
Roque/Redacción XuvenCiencia Magacine
As propiedades que ten a luz permítennos realizar análises sen recurrir a outro tipo de probas máis complicadas. Isto é o que aprenderon os alumnos do proxecto Luz, cor e vida. En primeiro lugar, os xuvencientíficos lograron medir a cantidade de calcio que hai na sangue usando a fotometría. Despois conseguiron saber a concentración de azucre en diferentes tipos de bebidas (viño, zume, refrescos…) traballando con luz polarizada. E por ultimo, aprenderon que a luz permite medir cousas tan pequenas como unha célula.
Todos estes experimentos son importantes porque permiten realizar controis de calidade ou analizar parámetros importantes na vida das persoas.


