P06: robots sen distopías nin catástrofes
Carla (Xuvenciencia)
Cando alguén fala de robots a xente tende a imaxinarse mundos distópicos cheos de catástrofes onde as maquinas controlan o planeta. Aínda que nos custe aceptalo, a robótica é o noso futuro e o seu empleo non ten que levar sempre ao fatalismo.
Durante estes días a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acolleu os nosos acampados apasionados pola robótica. Para comezar, programaron luces led e aprenderon a construir un robot; neste caso foi un ¨Robot Balancín¨ que dispoñía dun sensor que —ao igual co dos móbiles, que pode detectar cando se teñen que encender— é capaz de saber se está a piques de caer.