P06: O mundo da robótica
Ainara Cereijo Vázquez (Redacción XuvenCiencia)
No proxecto de robótica do Campus de Verán Xuvenciencia, os rapaces teñen como obxectivos aprender a usar un microcontrolador, coñecido como Arduino, e programar robots nestes tres días. Ademais, eles mesmos son os que fabrican dende cero o seu robot.
O primeiro día foi para aprender como manexar os programas do arduino. Para empezar, tiveron que aprender a programar. Contaban cun manual que lles explicaba todo o proceso que había que seguir para chegar a programar unha secuencia de luces led. Para iso, utilizaron a placa de arduino, un multímetro e unha placa protoboard, ademais do manual.
O segundo día, foi para deseñar o seu propio robot dende o principio de todo e, por último, o terceiro día montaron e programaron todo.
Ademais, tiveron varios retos que intentar cumprir, como programar un robot de só dúas rodas, de xeito que se manteña en equilibrio.
Foi un proxecto cheo de programación, aprendizaxe e, sobre todo, traballo en equipo para conseguir todos os obxectivos.


