P05: Árbores en tubos de ensaio

Bruna Zuheros Piñeiro (Redacción XuvenCiencia Magacine)

Neste proxecto, os xuvencientíficos clonaron diferentes especies de árbores en tubos de ensaio. Para facelo tiveron que buscar anacos de plantas, e de estes fragmentos sacaron anacos máis pequenos, que tiveron que esterilizar. Ademais, foi necesario crear un medio onde a planta se puidese alimentar con nutrientes. Para facer o medio tiveron que mesturar agar -para conseguir unha textura semisólida- con diferentes compostos químicos. Posteriormente plantáronse os vexetais neses medios semisólidos, para conseguir que a planta empezase a crear as raíces necesarias para poder plantala na terra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *