P03: Investigacións forenses no reino animal

Álex (Redacción XuvenCiencia Magacine)

Seguramente algunha vez viches películas ou series sobre crimes, onde os axentes de policía analizan a escena do asasinato en profundidade. Estas probas que fan para saber as causas da morte ou do que aconteceu son as que aprenden os integrantes que participan no proxecto de CSI Animal.  Os xuveninvestigadores tiveron que coller mostras de diferentes órganos dos animais para podelas examinar, ademais fixeron unha necropsia para meterse mellor no papel. Esta experiencia tan apaixonante e interesante transportounos ao mundo criminolóxico. E seguro que quedaron encantados coa experiencia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *