P02: Análises clínicas
Emilia/Redacción XuvenCiencia Magacine
Os xuvencientíficos que elixiron o proxecto Análises clínicas: que me pasa, doutora? aprenderon como se realizan distintas análises en animais co obxectivo de detectar se existe algunha doenza. Os alumnos viron como se fai todo o proceso, paso a paso. Primeiro extráese o sangue ou recóllese a urina, despois comprobaron como se conservan as mostras, e finalmente realizáronse as análises no laboratorio. No laboratorio, os rapaces e rapazas comprobaron como cambia o sangue dependendo do tipo de animal, e aprenderon a obter plasma sanguíneo ou soro. Coa urina fixeron unha tira de diagnóstico rápido e tamén conseguiron un sedimento urinario. Ademais, os xuvencientíficos fixeron unha exploración clínica dun can para comprobar o seu estado de saúde.


