Os grupos P10 e P05 gañan o concurso de vídeos

Os grupos P10 (Fotosíntese artificial) e P05 (Árbores en tubos de ensaio) foron os vencedores no concurso de creación de vídeos de XuvenCiencia. Cada un dos proxectos do campus (agás o grupo de xornalismo) ideou unha peza audiovisual para narrar a súa experiencia ao longo da semana.

“Non é falar por falar: a calidade dos vídeos vaise superando cada ano”, aseguraron os membros do xurado, que despois dunha longa deliberación decidiron entregar o premio Aresa a Fotosíntese Artificial e o premio Proxéctate en Galego a Árbores en tubos de ensaio.

O salón de actos da EPSE albergou este venres pola tarde a gala do concurso de vídeos. Os estudantes visualizaron os 15 vídeos entre aplausos, risas e algún que outro momento emotivo.

O xurado elixiu o proxecto Fotosíntese artificial como vencedor do premo Aresa Júnior, que premia a calidade artística e as habilidades creativas dos compoñentes.

O premio Proxéctate en Galego destaca a capacidade de comunicación o uso da lingua galega como vehículo para transmitir a mensaxe.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *