Os grupos P05 e P03 gañan o concurso de vídeos
Redacción XuvenCiencia Magacine
Os grupos dos proxectos P05 Árbores en tubos de ensaio e P03 Animal CSI resultaron gañadores do certame de vídeos do Campus de Verán XuvenCiencia 2024. Así, Lorena, Rebeca, Diego, Naia, María, Sol e Adrián fixéronse co premio Aresa Junior, que concede o noso patrocinador Aresa, grazas a unha historia distópica na que relatan por que o planeta necesita a produción vexetal. Recibiron o seu galardón de mans da adxunta á presidencia de Aresa, Carlota López.
Pola sua banda, as e os integrantes de P03 Animal CSI presentaron un vídeo resumo das actividades e retos que lles supuxeron as tres xornadas de proxecto no Campus de Verán XuvenCiencia, co que acadaron o premio Proxéctate en Galego. Este galardón está concedido coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC no Campus de Lugo. Xiana, Clara, Sara, Carmen, Icía, Joaquín e Álex son os integrantes do P03.
Podedes ver o nivelazo de todos os vídeos presentados ao certame de XuvenCiencia 2024 na seguinte ligazón na canle de YouTube de XuvenCiencia.