Oliver Laxe protagonizará o peche do Campus Xuvenciencia 2020

 

Belén Puime Bao

Oliver Laxe, cineasta recoñecido por obras como O que Arde e Mimosas, será o encargado de poñerlle o broche final ao Campus de Verán Xuvenciencia en Rede deste ano. Será o venres 3 de xullo.

A charla levarase a cabo ás 12.00 da mañá na Casa do Saber, lugar onde se atopa a Vicerreitoría da USC na cidade de Lugo, aínda que tamén se poderá seguir mediante streaming a través unha ligazón que compartiremos especialmente para o evento.

Aproveitando esta ocasión, os nosos mozos participantes en #XuvenCiencia2020 en Rede poderán interactuar co director de cinema compartindo as súas dúbidas, preguntas ou apuntamentos, poñendo en práctica o aprendido no obradoiro de medios do Campus.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará