O misterio das persoas estradas polo chan no Campus XuvenCiencia 2022

Chegamos case ao ecuador do Campus de Verán #XuvenCiencia2022. Vimos de superar retos e facernos unha chea de preguntas. Formulamos hipóteses que temos que confirmar ou refutar. Analizamos mostras e diseccionamos cadáveres. Recollemos probas e apuntamos resultados. Observamos células baixo o microscopio e procuramos mirar o mundo con ollada crítica e informada. Aínda así, nin con todos os elementos e a ciencia ao noso favor somos quen de entender que fai tantístima xente estrada polo chan (ao aire libre e a cuberto, en diferentes superficies) no #XC2022. Seremos quen de resolver este misterio?

« de 11 »

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará