O Grupo 8 gana a xincana de apertura de XuvenCiencia 2025

As actividades do XuvenCiencia 2025 comezaron este luns coa tradicional xincana polos diferentes centros do Campus de Lugo. Os nosos xuvencientíficos dividíronse en oito grupos e botáronse a andar para completar o percorrido, nun amistoso pero altamente competitivo itinerario, no que puxeron a proba as súas habilidades de orientación, coñecemento multidisciplinar e aptitudes lingüísticas.

O Grupo 8 resultou gañador da xincana con 82,5 puntos, nunha actividade que contou co apoio do Centro de Linguas Modernas e a Biblioteca Intercentros.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *