O grupo 2 gaña a xincana de apertura do Campus XuvenCiencia 2024
O primeiro reto ao que se enfronta a nosa xente xuvencientífica no campus é unha xincana que serve como apertura oficial do Campus de Verán XuvenCiencia. Nesta ocasión, conformáronse oito grupos que tiveron que combinar a orientación para chegar aos puntos das probas nos diferentes centros do campus de Lugo, os coñecementos en diferentes disciplinas e tamén en lingua inglesa. Como cada ano, o profesorado do Centro de Linguas Modernas da USC en Lugo soubo deseñar uns intinerarios chulísimos e ben divertidos.